Gameloft supera os 10 millóns de xogos vendidos para iPhone/iPod Touch

xoves, 7 de xaneiro do 2010

Que na App Store de Apple hai milleiros de aplicacións non é ningunha sorpresa, pero o volume de vendas que chega a acadar algunha compañía si pode deixar abraiado a calquera, e parece que Gameloft o consegue, pois esta empresa especializada en videoxogos anunciou que superou os 10 millóns de descargas de pago dende a creación da tenda de aplicacións en xullo de 2008 (á que incorporaron 55 xogos nese tempo).

PUBLICIDADE