Gearbox anuncia oficialmente Borderlands 3
venres, 29 de marzo do 2019
Tras
varias entregas de moito éxito Gearbox confirma estar a traballar en Borderlands 3, xogo do que polo momento
non dan detalles sobre a data de lanzamento nin as plataformas para as que
estará dispoñible, pero que semella que veremos antes dun ano, aÃnda que co
vÃdeo de presentación do xogo tamén apuntan a que o vindeiro 3 de abril darán
máis detalles sobre o mesmo na súa
páxina web oficial.
A data do 3 de abril non é casual, senón que tamén será na que a recompilación Borderlands: The Handsome Collection reciba
unha actualización para PC, Xbox One X e PS4 Pro que incluirá novas texturas
para que os xogos luzan magnÃficos en ultra alta definición con HDR; e saia á
venda edición Xogo do Ano de Borderlands para Xbox One, PS4 e PC.
Tráiler de presentación de Borderlands 3
