Gmail ábrese aos correos electrónicos dinámicos
mércores, 27 de marzo do 2019
Hai un ano Google anunciou que estaban
a levar una versión das Accelerated Mobile Pages (AMP) ao correo electrónico,
abrindo esta tecnoloxÃa de xeito preliminar para que os desenvolvedores
puidesen comezar a crear experiencias nas mensaxes de correo electrónico que
permitisen a interacción, e finalmente
abren publicamente tal prestación en Gmail, de xeito que algunhas mensaxes
permitirán directamente responder cuestionarios, navegar por catálogos ou
responder a comentarios en foros.
Entre as compañÃas que comezan a tirar proveito dos correos electrónicos
dinámicos están Booking.com, Despegar, Doodle ou Pinterest, esperándose que nos
vindeiros meses fagan o mesmo moitas máis.
Neste momento a nova prestación está a chegar á versión web de Gmail e espérase
que chegue pronto á versión móbil, pero Google non será a única compañÃa en
integrar esta tecnoloxÃa, e dende
Outlook.com confÃan en probar esta tecnoloxÃa no verán, abrÃndoa asà a
moitos máis usuarios.
