Gonzalo MartÃn afondará na Coruña e Vigo no diálogo entre industria audiovisual e tecnolóxica
mércores, 20 de outubro do 2010
O audiovisual nunca foi só audiovisual. Isto vén a conto para facer referencia ao seu eido de acción, tan amplo que abrangueu por tradición a profesionais das máis variadas materias: escritores, decoradores, deseñadores, técnicos en iluminación, fotógrafos, etc. Pois ben, dun tempo a esta parte estase a confirmar que o audiovisual xa non se concibe sen a participación directa de profesionais das novas tecnoloxÃas do coñecemento, tanto no que se refire á preparación e rodaxe da obra en cuestión, como o que atinxe logo á distribución, á proxección e á promoción. As posibilidades de colaboración entre uns profesionais e outros son moitas e variadas, e afondar nas coñecidas e por coñecer é un dos grandes obxectivos dos relatorios que se organizan en Vigo (o 26 no salón de actos da Zona Franca) e na Coruña (o 27 no salón de actos da Confederación de Empresarios da Coruña) a semana vindeira, contando coa presenza do blogueiro e profesional das TIC Gonzalo MartÃn.
As actividades, agrupadas baixo o epÃgrafe A nova industria do audiovisual, van especialmente dirixidas ás empresas do sector das novas tecnoloxÃas e ás produtoras de filmes, series, curtas ou videoxogos.
Os relatorios, co-organizados por Ineo, darán comezo ás 17.00 horas. Como se dixo, ámbalas dúas citas divulgativas contarán coa presenza de Gonzalo MartÃn, experto en consultorÃa tecnolóxica e novos formatos e recursos audiovisuais, quen avanza neste vÃdeo as principais liñas a tratar nos devanditos foros. O seu formato será participativo, ofrecéndoselle ás empresas a posibilidade de concerta unha entrevista co relator ao remate da intervención.
Entre os contidos a tratar, inclúense os seguintes: vÃdeo en liña, construción de audiencias, converxencia dixital, xeración de vendas e de valor, contidos, financiamento (público, privado, capital risco?), innovación no negocio, modelos de negocio, orixinalidade e ideas postas en xogo.
VÃdeo de presentación das conferencias de Gonzalo MartÃn
