Google Chrome é o navegador web dominante a nivel mundial
martes, 2 de xullo do 2013
Hai anos
produciuse unha importante guerra de navegadores web na que Microsoft lograba
impor o seu Internet Explorer aos navegadores como Netscape Navigator grazas en
boa medida por vir preinstalado con Windows, pero o tempo demostrou que tal
vantaxe non é dabondo, e manter a coroa é algo que hai que gañar dÃa a dÃa, e
asà como Firefox conseguiu destronar a Internet Explorer en moitos mercados,
agora é Google Chrome o que está en cabeza en case todo o mundo se atendemos a datos
recollidos por StatCounter, que cifran no 44,68% a penetración de Chrome en
España, con datos semellantes en practicamente toda Europa (coas excepcións de
Polonia, Alemaña, Austria, HungrÃa e Eslovenia, onde domina Firefox; e PaÃses
Baixos e SuÃza, onde sorprende mantendo a súa forza o Internet Explorer) e cun
dominio case absoluto en América (coas excepcións de Cuba e Grenlandia) e OceanÃa.
O caso africano resulta máis curioso, estando o territorio repartido entre
Chrome, Firefox e Internet Explorer por partes igual, mentres que en Asia
podemos ver con certo asombro que o navegador lÃder é o Internet Explorer (cando
o lóxico serÃa que fose un navegador libre o maioritario).
