Google Drive chega convertendo Google Docs nun sistema de almacenamento en liña
martes, 24 de abril do 2012
O
servizo rumoreado durante anos convértese hoxe en realidade, e xa
está dispoñible de xeito público Google Drive, o sistema de almacenamento en
liña de Google, que vén a funcionar como unha expansión de Google Docs (servizo
co que se integra totalmente) pero engadindo o almacenamento de arquivos con
propósito xeral, cunha capacidade inicial de 5 Gb que pode incrementarse a 25
Gb por 2,49 dólares/mes, a 100 Gb por 4,99 dólares/mes ou a 1 Tb por 49,99
dólares/mes, coa vantaxe adicional de que os usuarios de pagamento gozarán de
25 Gb de almacenamento en Gmail.
Google Drive non só é axeitado para facer
copias dos nosos documentos de traballo e ficheiros multimedia, tanto como
copia de seguridade como para telos dispoñibles a través da nube dende
distintos dispositivos, senón que tamén resulta axeitado para empresas, polas
súa alta dispoñibilidade, a súa seguridade e a súa flexibilidade, podendo
chegar a contratarse almacenamentos de ata 16 Tb.
Neste momento Google Drive tamén pode completarse con aplicacións para o ordenador (que
facilita a sincronización transparente de documentos a Google Drive) ou para
móbiles Android, dotando ao servizo dunha dispoñibilidade tan cómoda como
completa.
VÃdeo de presentación de Google Drive
ACTUALIZACIÓN: Para celebrar o lanzamento de Google Drive amplÃan a capacidade de Gmail de 7,5 a 10 Gbytes.