Google Fotos para Android permitirá editar fotografÃas de xeito conversacional
martes, 21 de outubro do 2025
Google comezou hoxe a ampliar a función de edición conversacional na súa aplicación de fotografÃas, presentada por primeira vez co Pixel 10, a todos os usuarios de Android nos Estados Unidos (coa intención de que pronto chegue ao resto do mundo). A novidade permite describir coa voz ou por escrito as modificacións desexadas sen ter que alternar entre ferramentas nin axustar controis manuais.
Abonda con tocar a opción Axúdame a editar no editor, explicar que se quere cambiar e deixar que Google Fotos se encargue do resto, coa axuda das capacidades avanzadas de Gemini. Para quen non saiba por onde comezar, a aplicación ofrece suxestións automáticas ou a posibilidade de dicir simplemente mellóraa. Tamén é posible realizar creacións máis fantasiosas.
Con esta integración, Google Fotos combina xestos sinxelos, suxestións dun só toque e ferramentas creativas impulsadas por intelixencia artificial, facendo máis accesible ca nunca dar forma ás ideas dos usuarios.
