Google Maps agora achega os prezos do carburante

martes, 19 de xaneiro do 2021 Marcus Fernández

A ferramenta de Mapas de Google non só pode axudarnos a localizar estacións de servizo nas que repoñer carburante, senón que agora tamén facilita a elección da máis económica, xa que presenta directamente no mapa os prezos do carburante (gasolina sen chumbo de 95 octanos, gasolina sen chumbo de 98 octanos e gasóleo).
Esta funcionalidade de Google Maps permite que poidamos listar as distintas estacións de servizo e acceder ao detalle de cada unha, sendo neste último apartado no que podemos ver os prezos dos tres tipos de carburante (en vistas máis afastadas preséntase de xeito predeterminado o prezo da gasolina de 95).
Lembremos que os prezos do carburante son públicos, pero tal información non está actualizada en tempo real, polo que pode haber variacións de algúns céntimos, aínda que o que parece inevitable é que a nova opción de Google Maps teña un grande impacto en certas aplicacións que como principal función tiñan a localización das gasolineiras máis baratas, e que parecen abocadas á súa desaparición ou reformulación ante as dificultades de competir con Google.

PUBLICIDADE