Google centraliza as súas novidades nunha páxina web

xoves, 23 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Nos últimos meses Google non cesou de presentar novidades nos seus servizos, de xeito que incluso había días con máis dunha nova de interese sobre a compañía de Cupertino, de aí que decidisen lanzar Google New, un novo espazo na web no que recompilan as informacións que publican nos distintos blogs oficiais dos seus distintos ámbitos de negocio.
Con Google New pretenden que os usuarios que queiran estar ao día da actualidade de Google non se perda entre a vaga de informacións que xera este xigante tecnolóxico, aínda que posiblemente só queiran tal nivel de coñecemento xornalistas e desenvolvedores.


Vídeo de presentación de Google New

PUBLICIDADE