Google mellorará a integración da intelixencia artificial en Google Workspace
martes, 14 de marzo do 2023Conscientes
de que OpenAI presentaba
hoxe GPT-4 dende Google aproveitaron a ocasión para deixar caer que levan
moito tempo traballando coa intelixencia artificial e anunciaron unha nova
era para a intelixencia artificial e Google Workspace, de xeito que agora
poñen a dispositivo dalgúns usuarios as ferramentas de escritura baseadas en IA
en Docs e Gmail, potenciando asà a produtividade.
Workspace está evolucionando para incorporar a intelixencia artificial en
Gmail, Docs, Presentacións, Follas de Cálculo, Meet e Chat, pero que polo momento
só están dispoñibles para un grupo selecto de usuarios que probarán estas
posibilidades como elaborar borradores, responder, resumir e priorizar en
Gmail; desenvolver ideas creativas, revisar, escribir e reescribir en Docs;
impulsar a creatividade a través de imaxes, audios e vÃdeos xerados
automaticamente en Slides; transformar datos sen procesar en información e
análises con auto completado, xeración de fórmulas e categorización contextualizada
en Follas de Cálculo; xerar novos escenarios e escribir notas en Meet; e habilitar
fluxos de traballo para que as cousas sucedan en Chat.
Unha vez máis Google anuncia avances en intelixencia artificial, para
contraprogramar á competencia, pero sen presentar cousas concretas xa
dispoñibles para os usuarios, dando a entender que esta tendencia pillounos
fóra de xogo.
Onde si concretaron é na posibilidade de que os
desenvolvedores poidan facer uso da intelixencia artificial xenerativa nas súas
aplicacións a través da PaLM API, e tamén presentaron un novo contorno de creación
de prototipos chamado MakerSuite. Google tamén está traballando no achegamento
das capacidades da intelixencia artificial xenerativa a Google Cloud.