Google permite a creación sintética de pezas musicais longas con Lyria 3 Pro
mércores, 25 de marzo do 2026
Google amplÃa as capacidades da súa tecnoloxÃa de xeración musical con Lyria 3 Pro, unha evolución do modelo presentado recentemente que permite crear pezas de ata tres minutos de duración cun maior nivel de control creativo. A compañÃa de Mountain View estende ademais a integración desta ferramenta a múltiples produtos e servizos, reforzando a súa aposta pola música xerada mediante intelixencia artificial en contornos profesionais e de consumo.
A nova versión introduce melloras na comprensión da composición musical, o que facilita a creación de estruturas máis complexas a partir de instrucións textuais. Os usuarios poden especificar elementos como introducións, estrofas, retrousos ou pontes, asà como experimentar con distintos estilos e transicións dentro dunha mesma peza.
Lyria 3 Pro pasa a estar dispoñible en Vertex AI en fase de previsualización pública, orientado a empresas que precisan producir audio baixo demanda a gran escala, por exemplo para videoxogos ou ferramentas creativas. Tamén se integra en Google AI Studio e na API de Gemini, onde os desenvolvedores poden incorporar estas capacidades en novas aplicacións.
Google incorpora o modelo en Google Vids, a súa ferramenta de creación de vÃdeo con IA, permitindo engadir bandas sonoras personalizadas en proxectos audiovisuais. Esta funcionalidade comeza a despregarse entre clientes de Google Workspace e subscritores de Google AI Pro e Ultra. Pola súa parte, a aplicación Gemini tamén incorpora a xeración de pezas máis longas para usuarios de pago, ampliando as posibilidades en formatos como podcasts, videoblogs ou contidos formativos.
Lembremos que tamén está presente en ProducerAI, unha ferramenta colaborativa de creación musical que integra Lyria 3 Pro para facilitar procesos iterativos na produción de cancións completas.
Google subliña que o desenvolvemento destas tecnoloxÃas se realizou en colaboración coa industria musical a través do seu Music AI Sandbox, un conxunto de ferramentas experimentais para artistas e produtores. Aseguran que os modelos non imitan artistas concretos, mesmo cando son mencionados nos prompts, e que empregan filtros para evitar coincidencias con contidos existentes. Ademais, todas as creacións xeradas con Lyria 3 e Lyria 3 Pro inclúen a marca de auga dixital SynthID, deseñada para identificar contido producido por IA.
