Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google xa promociona o Monte Pindo como Parque Natural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google xa promociona o Monte Pindo como Parque Natural

Fernando Sarasketa
Publicado: 07/04/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

monte_pindo_google.jpgAo Monte Pindo e a súa arela declaración como Parque Natural estanlle saíndo apoios por todas partes. Mesmo o do buscador Google, que xa o promove coa devandita cualificación de espazo de importancia medioambiental a protexer. Este apoio, por certo, súmase ao das máis de 200 entidades que a día hoxe fan causa común a prol da declaración, fito acadado coa adhesión ben recente da Fundación Universidade da Coruña. Unhas e outras (entidades como o Concello de Carnota, institucións científicas e culturais, empresas, asociacións ecoloxistas, organizacións de propietarios -incluída a do territorio afectado- e agora tamén e de xeito informal Google) coinciden no mesmo e dende diferentes frontes: cómpre coidar ao máximo o Monte Pindo e a súa contorna. E a declaración como Parque Natural é un bo xeito de comezar. A día de hoxe, son xa 205 as organizacións sociais que apoian esta iniciativa.
Respecto da achega de Google, ten un aquel de acto de prestidixitación. De feito o xigante dotou ao macizo granítico de Carnota da cualificación de Parque Natural sen aínda tela conseguido. Esta decisión de Google, por certo, foi comunicada hai uns meses á Asociación Monte Pindo Parque Natural “mediante unha chamada desde as oficinas centrais de Google para Europa, radicadas en Dublín, a capital irlandesa”. O resultado de todo isto é que, a partir de agora, cando introduzamos no famoso buscador os termos “Monte Pindo” o primeiro resultado que obteremos será unha ficha desta importante paraxe costeira cun mapa da zona, valoracións dos usuarios, información sobre o macizo… onde o espazo xa se clasifica como “Parque Natural“. De momento isto só pasa cos resultados en español; en galego aparece como “reserva natural“.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?