HP presentou en A Coruña as súas solucións de Networking

xoves, 31 de marzo do 2011 Redacción

Hewlett Packard presentou o pasado martes en A Coruña as súas estratexias e obxectivos para a área de Networking. No momento económico actual polo que está a pasar o sector empresarial, as compañías necesitan reducir os custos de mantemento e operacións, para así maximizar os beneficios e oportunidades de innovación. As solucións de HP Networking convértense no aliado perfecto para sacar o máximo rendemento ás operacións de TI das compañías.
Os asistentes ao encontro tiveron a oportunidade, a través de sesións técnicas e demostracións prácticas, de comprobar as diferentes funcionalidades e aplicacións das solucións de HP Networking, que permiten solucionar aspectos fundamentais para as compañías.
Na primeira das sesións celebradas, Miguel Cordón, Director Comercial de HP Networking para a Zona Norte, analizou o contexto actual do Networking, e como se está a evolucionar a pasos axigantados cara ao modelo da Infraestrutura Converxente para simplificar, consolidar e automatizar os procesos TI das organizacións.
Deseguido Jorge Fernández, Director de Prevenda de Enterprise Storage, Servers & Networking de HP Iberia, introduciu o ámbito das redes corporativas dun xeito crítico, para expoñer e estudar os problemas e retos que se lles presentan ás organizacións á hora de adaptarse a estes cambios de futuro. Posteriormente presentou as solucións de HP Networking coas que as compañías poden construír redes corporativas fiables, flexibles e produtivas á vez que aforran en custos operacionais e consumo de enerxía.
Os conceptos pasaron a ser expresados en exemplos prácticos co relatorio de Vicente Martínez, Solution Architect de HP Networking, quen levou a cabo unha demostración da Solución de Xestión de rede multifabricante IMC.
Por último, Jesús Prieto, Solution Architect de HP Networking, presentou Tipping Point, unha solución de control e seguridade para as infraestruturas das compañías.

PUBLICIDADE