HarperCollins empregará códigos QR nos seus libros
xoves, 11 de xuño do 2009
AÃnda
que en Galicia xa coñecemos ben a iniciativa
empresarial de Netbiblo, na súa aposta por incorporar códigos QR aos seus
libros coma un complemento virtual á súa información, o
grupo editorial HarperCollins tamén quere facer uso desa tecnoloxÃa, e está
a probar a usala nas cubertas traseiras dos seus libros, de xeito que os
usuarios que queiran coñecer detalles sobre a obra antes de adquirila só teñen
que tirar unha fotografÃa co seu móbil ao código de barras bidimensional
incorporado para verse remitidos a unha páxina
especial no que ampliar a información, o que na actualidade xa están a
facer co libro L.A. Candy de Lauren
Conrad.
Existen múltiples aplicacións para recoñecer os código QR automaticamente, e o
seu potencial entre a xente moza é prometedor; e dende HarperCollins tamén
seguirán os pasos de Netbiblo utilizando os códigos bidimensionais para enlazar
contido exclusivo relacionado coas obras.
