Humble Bundle oferta varios xogos de SEGA para Android
mércores, 20 de agosto do 2014
Dende a iniciativa Humble Bundle parecen querer deixar claro
que non descansan durante o verán e, de feito, parecen máis activos que nunca,
e tras estrear onte unha magnÃfica selección
de xogos para PC cargados con contidos adicionais, hoxe renovan o seu lote de xogos para Android
con varios tÃtulos de SEGA, dos que a metade poden conseguirse pagando o que se
desexe, mentres que a selección completa pode conseguirse con pagar máis da
media (3,8 dólares). O Humble SEGA Mobile Bundle contribuirá coas causas
benéficas Child’s Play Charity, WaterAid e Unicef.
Os xogos básicos deste lote son Sonic 4
Episode I (valorado en 2,66 euros), ChuChu Rocket
(valorado en 1,04 euros) e Virtua
Tennis Challenge (valorado en 4,39 euros); mentres que os que paguen
máis da media poderán descargar Sonic &
SEGA All-Stars Racing (valorado en 3,55 euros), Sonic 4
Episode II (valorado en 2,66 euros), Crazy
Taxi (valorado en 4,49 euros) e algún xogo máis que se engadirá nunha
semana. Temos asà unha selección de xogos para Android valorada en 18,79 euros
que pode conseguirse por uns 2,87 euros, o que agradecerán os seareiros dos
xogos de SEGA.
VÃdeo promocional do novo lote de xogos de SEGA para Android