Iñaki Quenerapú protagonizará a edición de abril de Iniciador Santiago de Compostela
martes, 10 de febreiro do 2015
Os eventos de Iniciador teñen certa implantación en Galicia,
e dende hai pouco retomaron a súa actividade en Compostela, cidade na que están
a dinamizar o emprendemento con relatorios como o
impartido por Roberto Pérez Marijuán en decembro e o
de Santiago Moroño a semana pasada, e continuando na mesma liña confirman
que a vindeira entrega será a de Iñaki
Quenerapú, a quen hai pouco puidemos
ver no TEDxGalicia falando do crowdsourcing
que facilita a Internet (como un exemplo da teorÃa de Tribos de Seth Godin),
e que o 9 de abril ás 19:00 no Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia falará
sobre a importancia da elección de nome comercial e marca.
Iñaki Quenerapú leva tempo traballando na comunicación a través da Internet, e
co seu relatorio aplicará a súa experiencia para dar conta do peso que o nome
comercial e a marca dun proxecto emprendedor de cara a facilitar a súa
identificación e diferenciación, á vez que tamén deben adoptarse con
intelixencia e personalidade os códigos de comunicación que son referencia no
sector.
