Inaugurada a nova edición da feira Culturgal en Pontevedra
venres, 30 de novembro do 2012
A
cultura galega en todas as súas vertentes está este
venres 30 -e ata o vindeiro domingo dÃa 2 de decembro- de celebración, pois
na mañá de hoxe daba comezo o Culturgal
en Pontevedra. AsÃ, esta Feira das Industrias Culturais, con
centro de operacións no Pazo da Cultura de Pontevedra, ten detrás
da súa organización á Asociación Culturgal da que forman parte: a
Asociación Galega de Editores (AGE), a Asociación Galega de
Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), a Asociación Galega de
Produtoras Fonográficas (AGAPHONO),
Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas TecnoloxÃas
(EGANET)
e a Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI).
O Culturgal ten previsto un programa de
arredor de 200 actividades abertas e gratuÃtas que abranguen todos
os recunchos da nosa cultura: música, cinema, literatura, teatro,
danza, circo, audiovisual, tradición oral, monicreques. Asemade,
tal e como vimos sinalando a longo dos dÃas pasados, haberá unha
boa ración de novas tecnoloxÃas aplicadas á promoción cultural.
Estas
actividades estarán espalladas en varios espazos como
é o caso do Patio,
onde se poderán ver máis de 18 actuacións musicais e teatrais en
directo; ou o Garaxe,
zona dedicada ás novas tecnoloxÃas e proxectos audiovisuais. Ou
o Salón,
onde haberá cabida para a presentación de máis de 26 libros,
proxectos editoriais e debates, alà estarán Manuel Rivas (coa súa
novela Voces
Baixas),
LuÃs Tosar (coa súa pelÃcula Operación
E),
Ignacio Escolar (co seu libro 31
Noites ou Felipe Caballero)
e daranse a coñecer as dúas publicacións sobre a obra e figura de
Roberto Vidal Bolaño. Asemade, tamén haberá un lugar axeitado para
os máis pequenos, será o Cuarto
do Nenos.
Cómpre
informar que as prazas para o Foro Profesional do Culturgal están
esgotadas, aÃnda que as inscricións á mesa redonda Compartindo
Multiplicamos. Mesas de traballo para Axentes Culturais, e a
xornada de Ferramentas TIC e Multimedia nas Aulas (Iniciativas,
Experiencias e Obradoiros) xa
están pechadas, existen preto de 15 actividades máis para os
profesionais de todos os sectores da cultura.
No
Culturgal deste ano tamén hai novidades, salientamos o Stand
de Público,
un lugar ideado por MarÃa Yáñez e Illa Bufarda para escoitar
a opinión do público en canto a cultura galega, criterios que serán
emitidos en pantallas da feira, sendo os vÃdeos resultantes
difundidos a través das redes sociais. Outra nova aposta é o Espazo
Autobombo,
no que calquera poderá presentar o seu proxecto.
Programa
do venres
·
10h: Compartindo
multiplicamos. Mesa de traballo para Axentes Culturais.
(No Estudio)
·
11h: Baobab
Teatro: Contos para ti. (No Cuarto dos Nenos)
·
11h: ORAL:
Obradoiro de regueifas. (No Cuarto dos Nenos)
·
11h: Viravolta:
Titerehop. (No Cuarto dos Nenos)
·
11h: Acto Inaugural
·
12h: Babaluva:
Lume. (No Cuarto dos Nenos)
·
12h: Linho
do Cuco: Mini concerto vermú. (No Patio)
·
12h30: Marcos
Calveiro con club lectura biblio escolar. (No Salón)
·12h30: Presentación
oficial Tolemias, canle de música. (No Garaxe)
·12h30:
Stand
de O Faiado Producións: A Máquina do Tempo. Encontro
presentación cos autores. (No
Salón)
·
13h00: Presentación
de proxecto de innovación audiovisual na CRTVG. (No
Garaxe)
·
13h15: Stand
de Xerais: Marcos Calveiro asina exemplares de "Palabras de
auga". (No Salón)
·
13h30: Presentación
MICA 2013-Mercado de Industrias Culturales
Argentinas. (No Salón)
·
14h00: Rolda
de prensa Ponte
nas Ondas, libro
cd "Na Ponte". (No Cuarto dos
Nenos)
·
15h00: Os
sete magnÃficos máis un. Obradoiro de iniciación ao clown para
formadores/as. (No Obradoiro)
·
17h00: Patasdepeixe:
Cociña extraterrestre. (No Cuarto dos Nenos)
·
17h00: Revista
Núa de Artes Escénicas. (No Garaxe)
·
17h00: Balakandra:
Balakandra. (No Patio)
·
17h00: Aurora
Marco: MarÃa Teresa Alvajar López. Memorias
dunha
republicana.
(No Salón)
·
17h30: MarÃa
López Sández: A
forma das nubes.
(No Salón)
·
17h30: GalApps:
Toda a lingua no teu peto / Imos?:
A guÃa social máis
xenuÃna de Galicia. (No Garaxe)
·
17h30: Stand
de O Faiado Producións: A Máquina do Tempo. Encontro
presentación cos autores. (No
Salón)
·
18h00: Pepe
Carreiro: Cousas
de cans.
(No Cuarto dos Nenos)
·
18h00: Ramón
Caride: Sarou
/ Louzós.
(No Salón)
·
18h00: Erin
(Comando Katana): El
Trapicista.
(No Patio)
·
18h00: Encontro
con Axentes Artes Escénicas da LusofonÃa. (Na Cociña)
·
18h00: Stand
de Unima Galicia: Contacontos. (No Patio)
·
18h30: Galaxia
Cómics. (No Garaxe)
·
18h30: Lorena
López Cobas: Historia
da música en Galicia.
(No Salón)
·
18h30: Mesa
redonda: O director e os dereitos de difusión cultural. (No
Estudio)
·
18h30 Stand
de Rinoceronte: Ignacio Escolar asina exemplares de 31
noites.
(No Salón)
·
18h30: Stand
de Xerais: Ramón Caride asina exemplares de "Sarou/Louzós".
(No Salón)
·
19h00: Asacocirco.
Na Praza da FerrerÃa. (Na cidade)
·
19h00: Cultcities.
O uso dos datos na xestión de públicos culturais. (No
Garaxe)
·
19h00: Stand
de Airapro: Os compoñentes de Heredeiros da Crus, asinan o
DVD en directo Heredeiros
da Crus, 20 anos.
(No Patio)
·
19h00: Os
Monicreques de Kukas: O
Kikirixote, aventuras e desventuras dun
galo de curral.
(No Patio)
·
19h30: Caramuxo
Teatro: Ñam.
(No Cuarto dos Nenos)
·
19h30: Gustavo
Pernas Cora: Tres
Logomonos: Colgados, Pisados,
Snakizados.
(No Salón)
·
19h30: Nasas
Social & Media. (No Garaxe)
·
20h00: Conversas
de salón: Alberto Ramos con Ignacio Escolar, Xosé
Monteagudo e Rexina Vega. (No
Salón)
·
20h00: Inversa
Teatro: Kamouraska,
un lugar para crear.
(No Patio)
·
20h00: Orama.
(No Garaxe)
·
20h00: MarÃa
Inés Cuadrado: A
Berenguela.
(No Cuarto dos Nenos)
·
20h00: Mesa
redonda: O
director no audiovisual galego.
(No Estudio)
·
20h30: Funboa
Escénica: Sigue
buscando, a serie.
(No Garaxe)
·
20h30: Stands
de O Cable Inglés: Os
xoves de Códax no
Culturgal, con
actuación de Primordiais.
(No Garaxe)
·
21h00: Pinga
Teatro: Casting
Tour.
(No Patio)
·
21h00: Toques
do Caramulo, dentro do ciclo Outonalidades.
(No Centro
Cultural Novacaixagalicia- Café Moderno)
·
21h00: Stand
de Xerais: Rexina Vega asina exemplares de Dark
Butterfly.
(No Salón)
·
21h45: Cisma
Danza. No Centro de Interpretación das Torres Arcebispais
(CITA). Artes Escénicas
·
22h30: aCadaCanto,
o último proxecto de Xabier DÃaz, Guadi Galego,
Guillerme Fernández e Xosé
Lois Romero. (No Centro Cultural
Novacaixagalicia- Café Moderno)
·
23h15: O
Fantabuloso Cine Ambulante dos Irmáns Lumieira. (Na casa das
Campás. Audiovisual)
