Incrementan artificialmente a visibilidade de Elon Musk en Twitter
mércores, 15 de febreiro do 2023
Durante a Super
Bowl Elon
Musk publicou un chÃo animando ao equipo que finalmente perdeu o encontro
(facendo o ridÃculo logo borrándoo e publicando outro chÃo animando ao equipo
gañador) conseguindo acumular 9,1 millóns de visualizacións da súa publicación,
o que aseguran que ofendeu ao propietario de Twitter xa que no mesmo momento un chÃo do
presidente Joe Biden conseguiu 29 millóns de visualizacións.
Que Musk non fose o máis popular en Twitter nese momento molestouno, e provocou
que pedise explicacións aos seus enxeñeiros, chegando a despedir
a un dos principais enxeñeiros da compañÃa simplemente por asegurar que a
causa era simplemente que Musk perdera popularidade.
Pero a cousa non quedarÃa asÃ, e agora os chÃos de Elon Musk teñen moita máis
visibilidade, non porque mudase a popularidade do multimillonario sudafricano
senón porque, segundo confirman dende Platformer, Musk ameazou ao resto de
enxeñeiros con despedilos se non solucionaban a situación, polo que crearon
un mecanismo para incrementar artificialmente a popularidade de Musk.
Aseguran que actualmente o algoritmo de Twitter multiplica por 1.000 a
visibilidade dos chÃos de Elon Musk, de aà que estean a provocarse efectos
perversos, como que estea a aparecer de xeito prioritario para practicamente
todos os usuarios de Twitter, aÃnda que non o sigan nin teñan interese ningún
sobre o que comenta.
AÃnda que esta manipulación consiga satisfacer o ego de Musk, só estarÃa a
incrementar a desconfianza sobre as estatÃsticas sobre as visualizacións que conseguen
os chÃos, que xa eran moi pouco fiables (como se constatou mediante o rexistro de
visualizacións nunha conta sen seareiros e co cadeado posto, ou sexa 0que
non deberÃa ter ningunha visualización).
