Ineo estreita ligazóns con entidades emprazadas en Bruxelas
martes, 15 de setembro do 2015
Unha delegación da
asociación Ineo encabezada polo
presidente da plataforma galega TIC, Carlos Conde, e pola súa
directora xeral, LucÃa Gregorio, vén de levar a cabo unha visita
institucional e empresarial a Bruxelas co obxectivo de coñecer de
primeira man as oportunidades de Ãndole europea para o noso sector
tecnolóxico-dixital. No transcurso da misión empresarial os
integrantes de Ineo estreitaron
lazos de colaboración con diversas entidades e organismos de
cara a impulsar a colaboración e o espallamento das empresas
galegas.
En primeiro lugar,
visitaron a sede da Comisión Europea e centráronse no Programa
Horizonte 2020, amais de manter un encontro cos representantes da
Axencia Executiva para as PEME (EASME), organismo delegado da
Comisión para os servizos ás pequenas e medianas empresas e
responsable da execución do programa COSME, e os Fondos
Comunitarios do Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX).
Ademais, mantiveron un
xantar coa directora da Oficina da Fundación Galicia Europa en
Bruxelas, Ana Ramos Barbosa, e os eurodeputados galegos José Blanco
(PSOE) e Francisco Millán Mon (PP), co obxectivo de achegarlles a
nosa visión das novas tecnoloxÃas nos traballos que ambos realizan
no Parlamento e nas Comisións nas que participan en relación con
Latinoamérica, para establecer ligazóns de colaboración estables.
