Inforhouse, no programa de capacitación de provedores sustentables da Rede Española de Pacto Mundial
venres, 10 de marzo do 2023
A
tecnolóxica galega Inforhouse,
con sede en Santiago, está a participar a día de hoxe na primeira
edición do Programa de Capacitación: Provedores Sustentables, que
organiza a Rede Española de
Pacto Mundial, que depende da ONU, o ICEX e a Fundación ICO.
Este programa está orientado a empresas provedoras de diversos
sectores e pretende que as pemes españolas e doutras nacionalidades
cumpran e se sumen ao compromiso do Pacto Mundial, implantando
medidas encamiñadas a garantir os Obxectivos de Desenvolvemento
Sustentable (ODS).
Participar
nesta primeira edición permitirá a Inforhouse ser fornecedora
sustentable de servizos e recursos dende unha fase anterior a outras
moitas empresas provedoras, dando así resposta primeira, e de base,
á esixencia de requisitos das grandes firmas e da sociedade. A
entrada a este programa é por convite. No caso de Inforhouse, foi
Navantia a responsable da invitación, tras o proxecto desenvolvido
en 2022 sobre solucións na nube de IBM.
A
empresa de Santiago informa que “a sustentabilidade e o Pacto
Mundial non son algo novo para nós, onde xa aprobamos a nosa
primeira política de Responsabilidade Social Empresarial no ano
2017, e dende aquela a evolución foi unha constante”.
En
2018 implantouse en Inforhouse, formalmente, un modelo estandarizado
para a xestión sustentable e RSE: estándar GRI, contando con
verificación externa pola entidade acreditada do devandito informe
de sustentabilidade.
A
empresa de Santiago explica que “dende o primeiro momento
integrouse no informe un apartado para medir e verificar a
aproximación ao cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento
Sustentable de Pacto Mundial. Así, había unha fotografía do
estado de cumprimento dos ODS, realista e que permitía avanzar e
mellorar o sistema global de sustentabilidade e RSE”.
En
2021, para “mellorar a xestión do aspecto laboral”, implantouse
e certificouse na empresa galega un modelo EFR 1000-2, que acreditou
a vertente de Inforhouse como Empresa Familiarmente Responsable,
verificando que existen medidas de conciliación para o equipo de
traballadores, medidas que, nalgúns casos, levaban implantadas desde
facía varios anos.
Estes
modelos e sistemas de RSE e EFR están integrados no sistema de
xestión, de tal xeito que están aliñados coa xestión da calidade,
medio ambiente, servizos TI e seguridade da información, aspectos
axustados a Normas ISO. “Isto”, informa a empresa de Santiago,
“garante a continuidade dos modelos, o aliñado coa estratexia
empresarial global e a procura dunha mellora continua en todo
momento, en todos os ámbitos de xestión”.
