InnoBAN organiza en Vigo un obradoiro de Elevator Pitch
martes, 6 de novembro do 2012
Captar o interese de investidores mediante unha breve
presentación supón todo un reto para o que é preciso prepararse, de aà que a rede de business angels para a innovación InnoBAN organice para o
vindeiro 15 de novembro ás 10 horas no Gran Hotel Nagari Boutique & SPA de
Vigo un obradoiro de Elevator Pitch, que durante 2 horas pretende
impartir formación teórico-práctica precisa para captar o interese dun
investidor por un proxecto nun encontro de só 30 segundos.
Esta actividade está dirixida a emprendedores que buscan investidores, a
axentes de emprego e a consultores e outras persoas interesadas no
financiamento de proxectos emprendedores con alto potencial de crecemento. Os
interesados en asistir deberán aboar 300 euros de seren consultores e 90 euros
no caso de emprendedores.
O encargado de impartir este obradoiro é LuÃs Fernández, coordinador
de InnoBAN, que no presente ano xa impartiu 5 obradoiros de presentación de
proxectos a investidores e participou na primeira fase do proxecto europeo Ready for Equity.
