Instagram permite consultar os vídeos que visualizamos anteriormente

venres, 24 de outubro do 2025 Redacción

Instagram incorporou unha nova función que permite consultar o historial de visualización dos Reels, o que facilitará recuperar vídeos xa vistos. O propio director executivo da plataforma, Adam Mosseri, anunciou esta novidade: «Agardo que agora poidades atopar esa cousa que estabades a buscar e que non dabades atopado antes».
A utilidade desta función é evidente, especialmente cando se perde un vídeo interesante por un toque accidental ou por actualizar a aplicación. O novo historial pódese consultar en Instagram a través de Configuración → Tu actividad → Historial de visualización. Ademais, permite ordenar os vídeos de máis recentes a máis antigos (ou á inversa), saltar a unha data ou período concreto e filtrar por autores.