Instagram prepara a súa aplicación para Android

luns, 12 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Systrom falando con Alexia Tsostis de TechCrunch

A pasada fin de semana durante o congreso SXSX nos EE.UU. o co fundador de Instagram, Kevin Systrom, confirmou que a súa aplicación para iOS está a ter un impresionante éxito con máis de 27 millóns de usuarios rexistrados, dos que o 67% dos usuarios activos estarían a usar o servizo diariamente. Tamén engadiu que están a traballar nunha aplicación oficial de Instagram para Android, que está nunha fase moi madura e que incluso superaría á aplicación para iOS en moitos aspectos.
Dende Instagram recoñecen que retrasaron o lanzamento da aplicación para Android porque querían escalar axeitadamente a súa actual versión para iOS, pois resultaba excesivamente complexo avanzar simultaneamente en ambas plataformas á vez.

PUBLICIDADE