Intel quere cobrar por desbloquear funcións dos seus procesadores
luns, 20 de setembro do 2010
Dende Engadget
dan conta de que nalgúns establecementos están comezando a listar unhas
tarxetas por valor de 50 dólares que operarÃan a xeito de bono de descarga para
facerse cun software
que permitirÃa o desbloqueo de caracterÃsticas adicionais do novo procesador
Pentium G6951, de xeito que mediante unha aplicación poderÃa mellorarse
considerablemente o rendemento do ordenador por liberar 1 Mb de caché de nivel
3 que virÃa bloqueada por defecto, asà coma engade o soporte de HyperThreading.
Dende Intel pensan que tal medida permitirÃa que os fabricantes puidesen
mellorar a súa oferta de produtos, de xeito que un procesador poderÃa
comercializarse en 2 potencias distintas, o que moitos considerarán unha
práctica moi criticable, por venderse un produto cunha limitación totalmente
artificial, resultando arbitrario o seu prezo (e incluso provocando un
encarecemento dos produtos de menor custo, pois na práctica estariamos ante o
seu modelo superior).
No caso en cuestión, dende
CrunchGear detallan que o incremento de potencia do equipo polos 50 dólares
que custa o software de desbloqueo serÃa
menor, gañando
só un 5,27% no resultado do test Cinebench 2010. Agardemos que esta
práctica non se estenda a outros compoñentes e fabricantes, por resultarÃa moi
molesto para o usuario saber que os compoñentes do seu equipo poden funcionar a
máis velocidade da configurada de fábrica (e a opción dun overclocking de pagamento non parece a opción máis atractiva para o
público.
