Invincible VS abre beta pública en abril
mércores, 11 de marzo do 2026
O xogo de loita Invincible VS, inspirado na popular serie de cómics creada por Robert Kirkman e na súa adaptación televisiva para Amazon Prime Video, prepara o seu lanzamento en PlayStation 5 e Xbox Series X|S cunha beta aberta que permitirá aos xogadores probar anticipadamente parte da experiencia. Esta versión de proba estará dispoñible entre os dÃas 9 e 12 de abril e incluirá unha selección de dez personaxes xogables, ademais de varios modos centrados no combate en liña.
O tÃtulo, que chegará oficialmente o 30 de abril á consola de Sony, á de Microsoft e a PC (aÃnda que esta edición non contará con beta aberta), aposta por un sistema de loita por equipos de tres contra tres no que os participantes poden combinar diferentes heroes e viláns do universo de Invincible. A beta estará orientada principalmente a probar o funcionamento do xogo en liña e das partidas clasificadas, segundo explicou o produtor executivo Mike Willette nunha entrevista publicada no blog oficial de PlayStation.
Durante esta fase de probas será posible escoller entre dez personaxes do universo da saga: Invincible, Atom Eve, Omni-Man, Thula, Robot, Monster Girl, Battle Beast, Rex Splosion, Bulletproof e Allen the Alien. Willette adiantou tamén que Omni-Man contará cun elemento especial que será revelado máis adiante.
A beta incluirá un sistema de emparellamento baseado no nivel de habilidade dos xogadores. Tras disputar unhas primeiras partidas de clasificación, o xogo agrupará aos participantes con rivais de nivel semellante para ofrecer enfrontamentos máis equilibrados. O obxectivo principal desta fase é avaliar o funcionamento do combate en liña e recoller impresións da comunidade antes do lanzamento definitivo.
Ademais do modo competitivo, a beta incorporará un modo de adestramento con tutorial e prácticas. Desde este espazo os xogadores poderán experimentar cos distintos personaxes, aprender os seus movementos e, incluso, entrar directamente nas colas de partidas clasificadas mentres practican.
Un combate brutal pero integrado na acción
O equipo de desenvolvemento procurou trasladar ao xogo o ton intenso das loitas que caracterizan tanto os cómics como a serie de televisión. Segundo Willette, a intención non era converter o xogo nun espectáculo centrado no gore, senón reflectir a brutalidade dos combates entre seres con poderes extraordinarios.
Durante as loitas os personaxes poden sufrir danos visibles, como traxes rasgados ou manchas de sangue, e mostrar sinais de esgotamento cando a súa saúde diminúe. Estes elementos aparecen de maneira progresiva ao longo do combate, integrados na acción e sen interromper o ritmo da partida.
A proposta busca asà reproducir a sensación dunha escena da serie, mantendo ao mesmo tempo o control directo por parte do xogador.
Un sistema pensado para atraer novos xogadores
Outro dos obxectivos do estudio é facer que o xogo resulte accesible para os seguidores de Invincible que non están familiarizados cos xogos de loita. Para iso incorporouse unha función de auto-combo que permite executar cadeas de golpes automaticamente, aÃnda que cun dano menor que o dos combos realizados manualmente.
Esta mecánica serve como ferramenta de aprendizaxe, xa que introduce aos xogadores nas bases do sistema de combate: encadear ataques normais con especiais, cancelalos con súper movementos ou integrar os personaxes de apoio do equipo.
Segundo o produtor executivo, o propósito non é simplificar o xogo senón facilitar a entrada aos novos usuarios, permitindo que comprendan progresivamente as mecánicas máis complexas.
Unha historia orixinal ligada ao universo da serie
Invincible VS contará tamén cunha historia propia desenvolvida polo estudio Quarter Up en colaboración co propio Robert Kirkman e coa guionista e coprodutora executiva da serie Helen Leigh. O equipo pretende que a experiencia narrativa funcione como un episodio especial dentro da cronoloxÃa da serie.
Esta aproximación busca que o xogo resulte familiar para os seguidores do universo Invincible, ao tempo que ofrece unha nova perspectiva sobre os seus personaxes e conflitos.
Último tráiler do xogo
