Italia venderá licenzas WiMAX en 2007
xoves, 28 de decembro do 2006
As tecnoloxÃas de comunicación sen fÃos para
equipos informáticos emerxeron nos últimos anos ata converterse nun elemento
cotiá que incluso vén de serie nos ordenadores portátiles e este éxito levou a
potenciar estas solucións de xeito que nos vindeiros anos veremos novas solucións
de comunicación mediante ondas de radio como WiMAX, que permitirÃa coberturas de
ata 48 quilómetros a velocidades de ata 70 Mbps de xeito que servirÃa tanto
para datos como para telefonÃa e televisión, supondo toda unha alternativa para
o caro despregue de infraestruturas de cable, e que agardan que sexa un negocio
moi rendible, polo que en Italia xa anunciaron que venderán
licenzas para esta tecnoloxÃa a partires do vindeiro mes de xuño.
O Goberno italiano agarda poder ingresar entre 100 e 200 millóns de euros polas
vendas destas licenzas, que resultarÃan atractivas tanto para distintas
empresas tanto de telecomunicacións como audiovisuais.
Italia serÃa asà un dos primeiros paÃses europeos en vender licenzas WiMAX tras
Francia, Alemaña e Grecia, e este tipo de tecnoloxÃa conta con reticencias por
parte dos operadores que pagaron enormes sumas para facerse con licenzas UMTS
que resultarán difÃciles de amortizar de imporse esta nova tecnoloxÃa.
