Jon Torrado é o novo co-conselleiro delegado de GamersWalk
xoves, 11 de maio do 2017
- Rafael Fernández, Manuel Alexandre Rivas, Alberto Lamas, Juan Carlos Barros (de pé) e Jon Torrado
GamersWalk, a
innovadora plataforma
de eSports nacida en Galicia, continúa en plena expansión e o seu consello
de administración vén de nomear a Jon Torrado como novo co-conselleiro delegado
da empresa. O até hoxe CTO da compañÃa manterá as súas funcións de carácter
técnico, do mesmo xeito que Manuel Alexandre Rivas, o outro co-conselleiro
delegado encargado da área de deseño.
Jon Torrado, enxeñeiro informático con máis de dez anos de
experiencia en xestión de equipos e no ámbito dos eSports, aposta polo
crecemento da plataforma e a súa internacionalización. «Estamos a traballar de
forma eficaz, creando valor cada dÃa, implantando novas melloras para a
usabilidade da plataforma e a acollida que estamos a ter entre os usuarios está
a ser moi positiva», salienta Torrado. Durante as vindeiras semanas
introduciranse melloras que complementarán un produto que conecta directamente
aos usuarios cos seus streamers e
eventos favoritos para dar un valor engadido á súa experiencia.
En apenas catro meses, GamersWalk conseguiu superar os
50.000 usuarios, un fito sen precedentes no mercado español. Actualmente, está
en pleno auxe e os datos solicitados nos seus primeiros meses de vida superan
con fartura os obxectivos marcados ao comezo da súa versión 1.0, lanzada en
decembro. «A dÃa de hoxe estamos a crecer a un ritmo constante de practicamente
500 usuarios diarios, o que dá unha idea do gran crecemento que estamos a
experimentar», desvela Jon Torrado. Ademais, a plataforma suma máis de 100 streamers que apostan polo sistema
interactivo para dar un valor engadido ás súas retransmisións e superar as
barreiras que antes existÃan na canle comunicativo coa súa audiencia.
Despois da recente entrada do fundador de Carbures, Rafael
Contreras, a plataforma de deportes electrónicos supera os 1,8 millóns de euros
de investimento en apenas dous anos de vida. Con base en Galcia a plataforma
conta cun equipo de máis de 30 expertos que traballan para perfeccionar unha
plataforma única que xa rexistra picos de audiencia de máis de 4.500 usuarios
simultáneos nun mesmo streaming.