José Luis Orihuela mostraranos na Coruña as novas tendencias en comunicación dixital
xoves, 25 de xaneiro do 2018
O
vindeiro 31 de xaneiro, ás 14.00 horas,
celébrase no Club Financeiro Atlántico da Coruña un
almorzo-coloquio dirixido a mostrar os camiños que vai adoptar en
anos vindeiros o noso xeito de acceder á información de
actualidade, e tamén de traballar con ela, uns camiños que van
ficar inevitablemente marcados polo dixital, tanto no fondo, coma na
forma, coma no código. A cita, organizada polo Foro de Comunicación
Alumni
Universidad de Navarra, contará coa presenza de
José Luis Orihuela, que ofrecerá
o relatorio
Escenario e tendencias da comunicación dixital.
Orihuela, para
quen non o saiba, é profesor na Facultade de Comunicación da
Universidade de Navarra, amais de consultor de comunicación do Banco
Mundial e autor dunha manchea de investigacións acerca da
comunicación multimedia, as redes sociais e o novo xornalismo.
Orihuela,
ademais, está considerado un experto referencial en materia de
comunicación dixital, prestixio ao que contribuÃron o seu blog
eCuaderno.com e máis a súa comunidade en Twitter (@jlori), con 162
mil seareiros. A cita vai dirixida a empresarios e profesionais da
comunicación.
