O Kit Dixital xa concedeu axudas a 2.000 empresas e autónomos da provincia de Lugo
luns, 13 de febreiro do 2023
A
subdelegada do Gobierno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este
luns 13 de febreiro “o gran impacto que está a ter o programa Kit
Dixital na provincia”, un
programa do Goberno que concedeu axudas a máis de 2.000 empresas e
autónomos lucenses para dixitalizar os seus negocios.
“Son
un total de 8 millóns de euros os que levamos inxectados en Lugo a
través deste plan de axudas para transformar o noso tecido produtivo
e facelo máis competitivo, demostrando, unha vez máis, que os
fondos do Plan de Recuperación están a chegar a todos os sectores
do territorio”, destacou Isabel Rodríguez.
Isabel
Rodríguez desprazouse ata Friol para visitar a ecotienda de
Tralograo, unha empresa familiar beneficiaria do bono do Kit Dixital
que produce, transforma, elabora e comercializa carnes ecolóxicas
certificadas bovina e avícola de produción propia. Alí, o seu
xerente, Isabel Gómez, explicou á subdelegada que grazas á axuda
de 6.000 euros do Gobierno poderán modernizar e renovar a páxina
web do negocio e contratar a unha empresa externa a xestión das
redes sociais e a mellora do posicionamento do negocio na Internet,
co fin de “profesionalizar máis o ecommerce”, no que
ademais de produtos elaborados por eles, venden diferentes alimentos
de orixe ecolóxica.
“Traloagro
é un exemplo de como os investimentos do Gobierno axudan a
transformar dixitalmente os negocios lucenses, fomentando novas
oportunidades de expansión e abríndose a novos mercados para
garantir o seu futuro pero, tamén, o seu presente, porque a
dixitalización é unha realidade que non podemos esquivar”,
remarcou Isabel Rodríguez quen valorou a boa acollida deste programa
“un síntoma de que as empresas galegas queren modernizarse e
confían prográmasnos do Gobierno para facelo”.
Neste
sentido, a subdelegada indicou que o tecido produtivo da provincia de
Lugo está formado sobre todo por pequenas empresas e autónomos. Por
iso, puxo en valor iniciativas como o programa Kit Dixital que
“permiten aos autónomos e ás pemes subirse ao carro dixital con
solucións acordes á súa situación. Só así van poder competir en
igualdade de condicións con empresas doutras dimensións e doutros
territorios”, defendeu.
Para
o programa Kit Dixital o Ministerio de Asuntos Económicos e
Transformación Dixital destina un orzamento de 3.067 millóns de
euros dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e
Resiliencia para dixitalizar a preto de un millón de pemes e
autónomos en todo o territorio nacional os próximos tres anos.
Estas subvencións do Gobierno teñen como finalidade avanzar na
dixitalización de áreas crave como presenza na Internet, deseño da
web, venda electrónica, xestión de clientes e provedores, oficina
dixital, redes sociais, xestión e automatización de procesos e
ciberseguridade.
