LG deixará de actualizar o software dos seus móbiles en xuño
martes, 29 de abril do 2025
Tras varios anos sen conseguir que os seus móbiles insignia conseguisen certo éxito comercial (pese a que no pasado tiveran dispositivos tan reputados como o LG G2), o fabricante surcoreano LG anunciou hai 4 anos que a acumulación de perdas levábaos a pechar a súa división de teléfonos móbiles.
Naquel momento a garantÃa europea esixÃa 24 meses de soporte técnico, e o fabricante cumpriu de sobra con estes mÃnimos, pero agora anuncian que o vindeiro 30 de xuño será a data na que apagarán os servidores que atenden as descargas de software dos seus usuarios, de xeito que deixará de estar dispoñible a ferramenta que permite conectar os seus dispositivos a ordenadores persoais, asà como as actualizacións de software dispositivos.
Deste xeito, quen aÃnda teña algún smartphone de LG operativo, deberÃa procurar actualizalo á última versión posible antes de que remate xuño, xa que despois non será posible, e cómpre ter o software o máis actualizado posible de querer maximizar a vida útil dos dispositivos.