LG sorprende cun proxector 4K compacto e transportable
venres, 5 de xaneiro do 2018
LG está a amosar no CES de Las Vegas o seu novo
proxector doméstico 4K da familia HU80K, que destaca non só pola súa
elevada resolución, senón tamén polo seu formato, xa que en vez de ser un dispositivo
grande e pesado, adoptou un formato compacto (ocupa a metade que outros
proxectores 4K), transportable e bastante discreto, para que case ben coa
decoración do fogar.
O novo proxector pode crear unha pantalla de ultra alta definición de 150 polgadas
e 2.500 lumenes, de xeito que sería o proxector máis brillante de LG e, incluso
tería soporte de HDR10, conseguindo achegar ao fogar unha experiencia moi
cinematográfica. Tamén integra un par de altofalantes de 7 watts para conseguir
son de calidade sen ter que contar con altofalantes externos ou unha barra de
son.
Un dos detalles que tamén se agradece dos proxectores 4K de LG é que non só
poden achegar contidos a través de HDMI, senón que tamén contan con USB, Ethernet
e conectividade sen fíos, así como con webOS 3.5, de xeito que é como ter un Smart
TV, facilitando o acceso a servizos en liña con contidos 4K como YouTube,
Netflix ou Amazon Prime Video.
- O novo proxector destaca polo seu formato discreto e doado de transportar