La Biblia</Em> de El Jueves, dispoñible para móbiles Android

luns, 2 de maio do 2011 Marcus Fernández

Os usuarios de móbiles Android poden descargar de balde a aplicación La Biblia de El Jueves, que é unha adaptación do álbum de José Luis Martín La Biblia contada a los pasotas, que precedera á popular serie ¡Díos Mío!, de xeito que en 12 Mbytes de descarga (polo que recomendan empregar unha conexión Wi-Fi para facerse coa aplicación) recompilan unha a unha as viñetas que compoñen esta obra da banda deseñada.
Esta aplicación (que prevé chegar a dispositivos de Apple en breve) serve para que El Jueves faga unha achega ao cómic dixital, pensando en dispositivos móbiles, e aínda que estamos ante un produto en fase beta, senta os alicerces do que podería ser unha canle máis de distribución do fondo editorial desta compañía que é todo un referente do humor gráfico en España.
En La Biblia de El Jueves temos unha recapitulación do Vello Testamento con moito humor, que grazas á súa conversión a dispositivos móbiles pode gozarse en practicamente calquera momento e lugar («ideal para usar no WC» segundo El Jueves).

La Biblia contada a los pasotas é unha obra humorística de J.L. Martín que agora pode levarse no peto

PUBLICIDADE