Logitech presenta novos auriculares para estudantes
mércores, 29 de marzo do 2023
Dende hai tempo
Logitech lanza accesorios adaptados a escolares, como é o caso dun lapis
dixitalizador alternativo ao Apple Pencil, e hoxe presenta os Zone
Learn, auriculares con cable deseñados para a aprendizaxe e creados para as
escolas. Estes auriculares teñen un axuste cómodo, micrófono axustable, e un
deseño que busca que resulten cómodos durante un uso prolongado (buscando asÃ
que os cativos poidan concentrarse nas actividades que están a realizar), e ofrécense
con distintas opcións de conexión (minijack, USB-A e USB-C).
Estes auriculares teñen un tamaño reducido, para satisfacer as necesidades dos
estudantes máis novos, e contan cunha grande resistencia para poder soportar unha
xornada escolar tÃpica (e poder limparse con frecuencia sen desgastarse).
As
súas almofadas de coiro sintético ofrécense en dous formatos diferentes (supraaurais
ou circumaurais). Os transdutores de audio están optimizados para unha maior claridade
vocal, en vez de para música, buscando asà que sexan óptimos para aplicacións
de aprendizaxe dixital, como lectura, probas ou aprendizaxe de idiomas. O
micrófono está integrado nun brazo rÃxido que permite unha boa captación da voz
e integra tamén un filtro de supresión de ruÃdo.
Cómpre salientar que os auriculares só están dispoñibles para o sector
educativo, iniciando a súa distribución global esta primavera.
VÃdeo promocional dos novos auriculares de Logitech