Lorenzana salienta na Toxa as oportunidades que achega a IA ás empresas
venres, 12 de xullo do 2024
Durante a súa participación na mesa redonda O impacto da IA na estratexia organizacional, no Encontro da Toxa, a conselleira de EconomÃa e Industria, MarÃa Jesús Lorenzana, apelou a aproveitar as oportunidades que ofrece a intelixencia artificial para o tecido empresarial, mesturando investimento tecnolóxico, formación, colaboración público-privada e un enfoque coidadoso en ética e regulación. Tamén apuntou que, segundo o OSIMGA, no ano 2023, o uso da IA nas empresas TIC galegas foi do 29,5%, o que supón un crecemento relativo desde 2021 do 36,6% e un 5% respecto ao ano anterior. En Galicia, sectores estratéxicos como a automoción, a agroindustria e o sector marÃtimo-pesqueiro xa comezaron a integrar solucións da IA para monitorizar procesos, mellorar as cadeas de subministración e reducir custos.
Segundo dixo, as TIC xa teñen un impacto moi significativo no conxunto da economÃa galega pero, para acrecentalo, a Xunta está a elaborar o plan director do sector, declarado estratéxico xunto cos da automoción, o naval, o metalmecánico, o forestal-madeira e a loxÃstica industrial. Contará con medidas que permitan impulsar a modernización e a produtividade, implantar modelos de produción máis eficientes e respectuosos co medio ambiente e mellorar a seguridade e onde terá un peso especial, ademais, o talento e a cualificación do capital humano.
Para que as empresas poidan facer fronte a estes retos, a conselleira lembrou que a Xunta, a través do IGPE, leva convocando desde 2018 dúas liñas de axuda que suman case 7 millóns de euros para facilitar a transformación industrial e a dixitalización de pemes e autónomos, ademais de incentivar investimentos no eido da economÃa circular. Nestes seis anos, os apoios concedidos suman máis de 20 millóns de euros cun mobilizado de 40 millóns de euros no tecido empresarial. Referiuse, tamén, ao labor de asesoramento que realiza a Oficina Económica de Galicia nesta materia, asà como aos apoios para a constitución de centros de fabricación avanzada.
Galicia foi unha das primeiras comunidades autónomas españolas en aprobar unha estratexia propia de Intelixencia Artificial (a EGIA), ademais de ser designada como sede da primeira axencia estatal de supervisión que se crea en Europa. Na mesma liña, apuntou que se abriu un proceso de consulta pública para a elaboración da futura lei de intelixencia artificial en Galicia.