MOTO analiza a resposta táctil de varias pantallas de móbiles
luns, 11 de xaneiro do 2010
Ata o momento, ao
analizar as pantallas dos móbiles fixámonos na súa resolución, na súa
luminosidade ou no seu contraste, mentres que para ponderar o seu potencial
táctil só mirábamos se eran resistivas ou capacitivas, pero dende o MOTO
Development Group foron máis aló e analizaron o desenvolvemento
táctil de varias pantallas capacitivas, de xeito que agora sabemos un pouco
máis sobre a resposta táctil do iPhone 3GS, o HTC Droid Eris, o Motorola Droid
e o Nexus One.
Non é ningunha sorpresa que o iPhone 3GS sexa o terminal vencedor nesta
comparativa, aÃnda que tamén destacouse que o móbil de Apple presenta pouca
sensibilidade preto dos bordes da súa pantalla. O peor serÃa o Motorola Droid.
En todos os terminais tamén queda constancia de que as pantallas capacitivas
teñen certas limitacións (non esquezamos que os dedos son bastante máis grandes
que unha stylus) e incluso teñen
distinto comportamento segundo a presión aplicada.
|
|

- Cada pantalla presenta unha responsta diferente
