Manolo Rodríguez dará as claves para bloguear nun encontro de WordPress Coruña

mércores, 12 de febreiro do 2020 Marcus Fernández

Mañá terá lugar un novo MeetUp de WordPress na Coruña, encontro previsto inicialmente nas oficinas de Hack a Boss e que finalmente trasládase ao hotel Hesperia na rúa Juan Flórez, onde a partires das 19:00 horas xuntaranse interesados en coñecer máis no xestor de contidos para a web máis empregado a nivel mundial.
Este encontro ten como actividade central un relatorio titulado Vivamos como blogueros, impartido por Manolo Rodríguez, xornalista e responsable da estratexia en redes sociais do xornal La Opinión A Coruña, que tamén ten unha longa experiencia co seu blog Desenredando la red.
No relatorio abordaranse temas como a redacción de titulares dun blog para conseguir incrementar as lecturas, como escribir un artigo dun blog, que extensión de artigo é a máis recomendable... en definitiva, Rodríguez dará consellos sobre como escribir bos artigos para un blog baseados na súa propia experiencia.

PUBLICIDADE