Marvel’s Guardians of the Galaxy chega a Luna
venres, 8 de maio do 2026
Amazon actualizou o catálogo de xogos incluídos en Luna para maio de 2026, incorporando novos títulos tanto ao servizo de xogo na nube accesible cos beneficios de Prime como á selección mensual de xogos descargables para PC. A plataforma continúa ofrecendo máis de 50 xogos rotatorios dentro da modalidade Luna Standard.
Entre as principais incorporacións deste mes destaca Marvel’’s Guardians of the Galaxy, aventura de acción en terceira persoa protagonizada por Star-Lord e os Gardiáns da Galaxia, cunha historia orixinal ambientada no universo Marvel.
Tamén chega Resident Evil 2, a reinterpretación moderna do clásico de Capcom ambientado en Raccoon City durante o desastre biolóxico de 1998.
A selección de Luna Standard amplíase ademais con Alien: Isolation, La Tierra Media: Sombras de Guerra, LEGO Star Wars III: The Clone Wars e LEGO Star Wars: The Complete Saga.
Os membros de Prime tamén poden reclamar varios xogos para PC ao longo do mes mediante códigos para diferentes plataformas. O 7 de maio estarán dispoñibles Mafia II: Definitive Edition e Fruitbus en GOG. O 14 de maio sumaranse Survival: Fountain of Youth e 60 Minutes to Extinction: Escape Room, ademais de Lethal Honor: Order of the Apocalypse en Epic Games Store.
O 21 de maio chegarán Space Grunts, Palindrome Syndrome: Escape Room e Hot Brass, mentres que o 28 de maio pecharán a programación Nordic Storm Solitaire, Moon Mystery e Pro Basketball Manager 2026.
