Marvel’s Spider-Man terá versión para PC
venres, 3 de xuño do 2022
Sony realizou esta semana un State of Play que
pretendÃa servir para anunciar os xogos que están en preparación para
PlayStation VR2, pero que finalmente serviu para acoller outros anuncios
bastante máis relevantes para a grande masa de xogadores.
No que á realidade virtual se refire, o principal anuncio serÃa que están
a traballar en levar Resident Evil Village á realidade virtual, de
xeito que os propietarios dunha PlayStation 5 que se fagan cunha PlayStation
VR2 poderán gozar do terrorÃfico xogo con gráficos moi detallados, aproveitando
ao máximo as capacidades da pantalla 4K HDR do casco de realidade virtual asÃ
como o audio 3D da consola de Sony, conseguindo unha experiencia inmersiva.
Tamén veremos un remake de Resident Evil 4 (que será compatible
con VR2, aÃnda que tamén poderá xogarse sen casco de realidade virtual), o xogo
de zombis The Walking Dead: Saints and Sinners Chapter 2, a adaptación á
realidade virtual de No Man’s Sky e incluso un xogo baseado no universo
de Horizon Zero Dawn, que responderá ao nome de Horizon Call of the
Mountain.
AÃnda que non se detallaron aÃnda o prezo e a data de lanzamento do casco de
realidade virtual da PS5, tras estes anuncios parece bastante probable que 2023
vaia ser o ano da explosión da realidade virtual na PlayStation 5, o que
poderÃa contribuÃr á aceleración deste tipo de xogos que polo momento son pouco
máis que anecdóticos cun par de honrosas excepcións.
Marvel’s Spider-Man chegará a PC
Pero o anuncio máis rechamante do State of Play foi, sen
dúbida, que este
ano veremos os xogos Marvel’s Spiderman Remasterizado e Marvel’s
Spiderman: Miles Morales en ordenadores persoais, ou sexa, que estes
grandes éxitos de Insomniac Games xa non serán exclusivos de consolas
PlayStation, servindo este lanzamento para incrementar o seu grande alcance
(até o 15 de maio xa conseguiron vender en conxunto máis de 33 millóns de copias
a nivel mundial).
Marvel’s Spider-Man Remasterizado (ou sexa, a actualización técnica que
tivo o xogo para aproveitar a potencia da PS5) chegará a PC o 12 de agosto,
mentres que Spider-Man: Miles Morales verá a luz no outono.
Street Fighter 6 cada vez máis preto
AÃnda que no State of Play se anunciaron lanzamentos
como Tunic (aventura de grande éxito en PC e consolas Xbox, que
finalmente chegará a PS4 e PS5 o 27 de setembro), Season: A letter to the
future (xogo narrativo en terceira persoa que chegará en outono a PS4 e PS5)
e mesmo Final Fantasy XVI (que chegará en exclusiva a PlayStation no
verán de 2023), o
xogo do que achegaron máis detalles foi Street Fighter 6, tÃtulo de
loita que o ano que vén chegará a PS4 e PS5 (aÃnda que cómpre salientar que
desta volta o xogo tamén terá versións
para PC e Xbox Series X|S).
Nos últimos 35 anos son moitos os cambios que foi recibindo a serie de Street
Fighter, adaptándose ás distintas tendencias, e con Street Fighter 6
veremos como Capcom sabe satisfacer aos seus seareiros con numerosos modos de
xogo, potenciando o xogo en liña, pero sen marxinar os combates en local, de
xeito que a saga poderá seguir mantendo a súa coroa como referencia dos xogos
de loita competitivos.
O novo estilo visual do xogo preséntase cada vez con máis detalle, á vez que
van amosando novos loitadores que van incorporándose a un cadro moi completo no
que moitos dos personaxes clásicos locen dun xeito renovado. Tamén haberá unha
interesante novidade no apartado sonoro: Street Fighter 6 terá un
sistema de comentarios en tempo real, de xeito que durante as partidas poderán
escoitarse narracións como se fose unha retransmisión deportiva, o que engadirá
emoción, á vez que tamén axudará a que os novos xogadores poidan coñecer mellor
as mecánicas de xogo e outras interioridades deste completo tÃtulo que sairá á
venda en 2023.
VÃdeo co State of Play desta semana