MasOrange anuncia un ERE

martes, 3 de setembro do 2024 Marcus Fernández

Estamos afeitos a ver como, de cara á autorización da fusión de empresas, as compañías prometen manter o emprego das entidades iniciais durante un mínimo de anos, compromiso que non sempre se cumpre, e así temos hoxe a comunicación do Grupo Laboral MasOrange a súa intención de iniciar un procedemento de despedimento colectivo que afectará a un máximo de 795 traballadores de 6 das sociedades do grupo entre as que figura a galega R.
A compañía convocou aos sindicados para o inicio das negociacións que, como moito, durarán 1 ano, adiantando xa UGT «o seu máis absoluto rexeitamento» a este ERE, e asegurando que iniciará conversas con outros sindicatos para facer unha fronte común.
Dende MasOrange sosteñen a necesidade do ERE por considerar que existen «duplicidades organizativas» consecuencia da integración dos cadros de persoal de Orange e MásMóvil.