MediaTek presenta procesadores que permitirán a aparición de móbiles 5G moi económicos
mércores, 11 de novembro do 2020
Dende MediaTek continúan a contribuÃr á popularización da
tecnoloxÃa 5G grazas aos seus procesadores máis económicos, e asà como o
seu procesador Dimensity 720 fixo posible que o Realme V5 5G poida
conseguirse por uns 166 euros ao cambio con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento, nos vindeiros meses poderiamos chegar a ver máis produtos avanzando
na mesma liña grazas ao novo procesador MediaTek Dimensity
700.
Esta solución de MediaTek achega nun único chip 5G a posibilidade de gozar incluso
de dobre SIM 5G, o que é todo un logro para o que parece ser o procesador 5G
máis económico do mercado. O Dimensity 700 combina 2 ARM Cortex A76 que poden
operar até a 2,2 GHz, soporte memoria LPDDR4X de até 2,133 MHz e almacenamento UFS
2.2 de dobre pista para conseguir velocidades de transferencia de 1 GB/s,
conseguindo asà dispositivos de bastante potencia e reducido consumo.
Un dos puntos fortes dos procesadores Dimensity 700 é o soporte de pantalla Full
HD+ a 90 Hz, podendo tamén manexar cámaras de até 64 MpÃxeles e incluso fai
posible a detección de varias ordes de activación por se un usuario quere
empregar no seu móbil distintos asistentes de voz.
Iso si, esta solución tamén conta con limitación como non poder ofrecer WiFi 6,
ou non gravar vÃdeo en 4K, carencias máis que comprensibles en dispositivos da
gama á que se dirixe MediaTek.