Medra a carteira de clientes de Euskaltel en todos os seus servizos
venres, 26 de xullo do 2019
O
Grupo
Euskaltel, que integra as marcas Euskaltel, Telecable e máis a
galega R, presentou esta semana os seus resultados de actividade
relativos ao segundo trimestre de 2019. No informe, como dato
destacable de apertura, reflíctese “un cambio na tendencia de
evolución do negocio” ao longo do devandito período. Euskaltel
salienta o crecemento na base de clientes e na rendibilidade, cunha
suba do 4% do EBITDA (beneficio bruto estimado antes de deducir
gastos financeiros) e cun aumento de usuarios en todos os servizos:
banda larga, televisión de pago, telefonía móbil e telefonía
fixa.
Os
ingresos acadaron os 171,1 millóns de euros impulsados polo
crecemento do 1,3% no mercado masivo, “grazas ao éxito do plan de
expansión nos novos territorios”, explican fontes do grupo,
engadindo que os ingresos ascenden finalmente a 342,8 millóns de
euros no semestre.
O
beneficio bruto de explotación medrou como dixemos un 4% sobre o
trimestre anterior, chegando aos 84,4 millóns de euros, cunha marxe
sobre ingresos do 49,4%, o que representa “un máximo histórico no
últimos cinco trimestres”, explica o grupo, apuntando que esta
taxa supón un medre de 210 puntos básicos. En total, 165,5 millóns
de euros no semestre.
A
base de clientes de mercado masivo creceu en 4.000 novos usuarios,
ata alcanzar os 772.000 usuarios dos servizos do grupo no dito
período, volvendo á tendencia de crecemento. A comunidade de
Euskaltel, R e Telecable supera desta maneira os 2,8 millóns de
produtos contratados, o que supón unha suba de máis de 43.000 novos
contratos.
A
base de clientes de alto valor crece no segundo trimestre do ano:
·
24.000 novas liñas de móbil postpago, indo alén dos 1,15 millóns
de liñas.
·
7.000 novos servizos de banda larga, ata alcanzar os 587.000.
·
Aumento de 10.000 novos usuarios en televisión de pago, superando os
465.000, cunha penetración superior ao 60% sobre a base de clientes.
·
Os servizos de voz fixa medra en 3.000, sumando máis de 621.000.
