As Meta Ray-Bay Display adÃan a súa expansión internacional
mércores, 7 de xaneiro do 2026
A aposta de Meta polas lentes con intelixencia artificial parece ser todo un acerto, que comercialmente está a funcionar mellor do esperado, especialmente no caso do novo modelo de lentes que integra pantalla, as Meta Ray-Ban Display, presentadas o pasado mes de setembro, cando anunciaron que iniciaban a súa comercialización estadounidenses, reservando a súa expansión internacional a primeiros de 2026.
Pero finalmente o lanzamento das Meta Ray-Ban Display en Reino Unido, Francia, Italia e Canadá vai adiarse, xa que a compañÃa de Mark Zuckerberg decidiu centrarse en atender a demanda do produto nos EE.UU., anuncian que están a reformular o seu calendario de lanzamentos internacional, polo que non semella que vaiamos ver o produto en España na primeira metade de 2026.
Pero non todo son malas novas, senón que Meta tamén está a anunciar novas funcionalidades para este dispositivo, como é a posibilidade de empregar as lentes a xeito de teleprompter (facilitando asà o dar discursos en público, lendo o texto nas propias lentes) e o inicio do programa de probas para poder escribir texto mediante xestos coa man (como se estivésemos a escribir en papel) grazas á Meta Neural Band.
Un detalle curioso é que Meta atopou que a Neural Band tiña usos máis aló das lentes, e está a probalo como un sistema de control dos sistemas de entretemento dos automóbiles e tamén para poder manexar outros produtos de electrónica de consumo (o que pode resultar especialmente práctico para persoas con problemas de mobilidade).
