Meta e Amazon no punto de mira da Comisión Europea
martes, 20 de decembro do 2022
A
Comisión Europea está a abordar estes días conflitos con xigantes tecnolóxicos,
como son Meta e Amazon. No que se refire a Meta, a Comisión informou á compañía
estadounidense dos seus achados preliminares sobre infraccións das normas de
competencia dentro do Facebook Marketplace; mentres que con Amazon terían
chegado a un acordo sobre os problemas detectados tamén no seu marketplace.
A Comisión considera que Meta
abusa da súa posición dominante en redes sociais ao facer que os seus
usuarios poidan acceder directamente ao Facebook Marketplace, á vez que tamén
impón condicións inxustas aos servizos que tamén teñen anuncios clasificados e
que se anuncian a través de Facebook e Instagram. De confirmarse os indicios
Meta sería sancionada polas súas prácticas.
Por outra banda, tras informar a Amazon das súas prácticas anticompetitivas, o xigante
do comercio electrónico comprometeuse a unha serie de prácticas para non prexudicar
ás empresas que vende a través do seu marketplace. Entre os compromisos adoptados
por Amazon está que non empregará os datos dos vendedores para beneficiar as
súas propias vendas (información que até o momento emprégase para tomar decisións
sobre que produtos lanzar, os seus prezos e incluso o control de inventario),
non aplicará criterios nin condicións discriminatorias nos botóns de compra (ofrecendo
tamén un segundo botón no que dar maior visibilidade a vendedores independentes),
e tamén flexibilizará as condicións do programa Prime, para que os vendedores poidan
negociar a loxística dos pedidos libremente (así como manexar a comunicación
durante as entregas sen a intervención de Amazon).
Amazon deberá cumprir as prácticas ás que se comprometeu nun máximo de 6 meses.