Meta quere silenciar un libro dunha antiga traballadora
xoves, 13 de marzo do 2025
Meta está a tentar silenciar a publicación do libro dunha antiga traballadora da compañÃa, Sarah Wynn-Williams, por considerar que é «falso e difamatorio», pero a editora da obra, Flatiron Books, publicou un comunicado que o laudo arbitral co que Meta quere calar á autora «non ten ningún impacto en Macmillan Publishers».
Temos asà que o libro Careless People: A Cautionary Tale of Power, Greed, and Lost Idealism, vai manter a súa comercialización con normalidade, e só ten limitacións na súa promoción por parte da autora, que ten que deixar de realizar comentarios «despectivos» sobre Meta por mor das condicións que aceptou ao abandonar Meta en 2017.
A editorial asegura que «o libro pasou por un rigoroso proceso de edición e verificación» e consideran importante a publicación de libros deste tipo. Cómpre destacar que Careless People, aÃnda que sexa un relato persoal, amosa unha perspectiva dos lÃderes de Facebook compartida por moitos, deixando en evidencia boa parte da súa polÃtica empresarial tóxica, especialmente no xeito de tratar ás traballadoras; aÃnda que na obra tampouco fallan anécdotas que non deixan en bo lugar a Meta, aÃnda que tampouco son cousas que non se soubesen e criticasen duramente nos últimos anos.
O que non semella que vaia funcionar ben é tentar silenciar á autora dun libro que poden adquirirse con normalidade en papel e en dixital a nivel mundial, polo que a información que inclúe o texto está xa a disposición do mundo enteiro.