Metal Gear Solid terá versión para N-Gage

martes, 20 de maio do 2008 Marcus Fernández

Solid Snake poderá correr as súas aventuras en teléfonos móbiles grazas á nova versión de Metal Gear Solid que aparecerá para N-Gage grazas a un acordo de Nokia con Konami, no que podería ser o título con mellores gráficos que se veu ata o momento nun móbil.
Metal Gear Solid Mobile será un xogo de acción e espionaxe desenvolvido coa colaboración de Ideaworks3D e utilizando mostras de cor sacadas do mundo real mediante capturas de cámara, polo que terá un realismo sen precedente para un xogo de móbil.
Actualmente a nova plataforma de xogos de Nokia funciona para os terminais N81, N82 e N95 (en breve tamén para N73, N93 e N93i) e conta cun crecente catálogo de xogos (como Tetris ou FIFA 08) ao que se incorporarán títulos coma Sims 2, Worms World Party ou DogZ, que se venden a prezos de entre 7 e 10 euros.

PUBLICIDADE