Microsoft muda o nome de SkyDrive a OneDrive
luns, 27 de xaneiro do 2014
- OneDrive xa conta con páxina de seu.
O British Sky Broadcasting Group, propietario da coñecida canle televisiva Sky, emprendeu unha loita
xudicial para evitar que Microsoft empregase na Unión Europea a marca SkyDrive
para o seu servizo de almacenamento no nube, e tras unha resolución
xudicial desfavorable á compañÃa de Redmond anuncian hoxe que están a
preparar o cambio de nome de SkyDrive, que en breve
pasará a responder ao nome de OneDrive, marca que parece casar bastante ben
con Microsoft (pois a súa última consola doméstica de videoxogos chámase Xbox
One).
O cambio de nome de SkyDrive non afectará aos documentos almacenados no servizo
nin a ningunha caracterÃstica do servizo, limitándose a unha renovación da
marca na que simplemente mudan o texto que acompaña o logotipo con dúas nubes
que o distinguÃa.
O produto básico de SkyDrive chamarase en breve OneDrive, mentres que SkyDrive
Pro pasará a responder por OneDrive for
Business.
VÃdeo promocional do cambio de marca de SkyDrive a OneDrive