Microsoft pretende facerse con parte de TikTok
luns, 3 de agosto do 2020
Nas últimas semanas TikTok está a vivir
unha profunda crise por mor de distintos gobernos que están a procurar
loitar contra o feito de que unha grande aplicación social con ligazóns en
China poida empregarse para espiar aos seus cidadáns ou difundir mensaxes
propagandÃsticas e, no caso dos EE.UU. a situación estarÃa a recruar, con
declaracións do presidente Trump asegurando que Ãa bloquear completamente a
aplicación.
Como saÃda a esta situación desvelouse durante a fin de semana que o máximo
responsable de Microsoft, Satya
Nadella, tivo unha xuntanza co presidente Donald J. Trump para discutir unha
posible adquisición de parte de TikTok como solución a esta difÃcil situación.
Dende Microsoft entenden que facerse cos negocios de TikTok nos EE.UU. poderÃan
paliar os problemas sobre a seguridade desta aplicación social á vez que tamén
suporÃa beneficios económicos.
Actualmente ByteDance ofrece a súa aplicación en China como Douyin e como TikTok
no resto do mundo, e a intención de Microsoft serÃa segregar esta última para
que contase cunha división especÃfica para EE.UU., Canadá, Australia e Nova
Zelandia, que pasarÃa a ser operada por Microsoft, transferindo os datos dos
usuarios a territorio estadounidense e evitando que conten con copias fóra do
paÃs, evitando asà o temor dos polÃticos norteamericanos de que o goberno da
China puidese exercer presión sobre ByteDance para actuar fóra do seu
territorio nacional.
AÃnda que Trump falaba dun bloqueo inminente de TikTok nos EE.UU., dende Microsoft aseguran que as negociacións con ByteDance poderÃan estenderse até o 15 de setembro.