Movistar faise cos dereitos do fútbol para as vindeiras 3 tempadas
mércores, 13 de xaneiro do 2016
O panorama
audiovisual español vai deixar a un lado a incerteza que converteu o tema dos
dereitos de retransmisión do fútbol televisado en todo un culebrón, xa que hoxe confirman que, tras analizar as ofertas
presentadas por todos os operadores de televisión Premium que operan en España,
Mediapro e beIN Sports decidiron adxudicar a distribución para as vindeiras 3
tempadas da nova canle beIN Sports LaLiga a Movistar por ter superado esta
compañÃa ao resto de operadores.
beIN Sports LaLiga transmitirá en directo e en exclusiva 8 partidos por xornada
de Primeira División, incluÃndo sempre un do Real Madrid ou do Fútbol Club
Barcelona. Amais, cada tempada transmitirá tamén en directo e en exclusiva un
dos grandes clásicos Real Madrid - FC
Barcelona.
A nova canle emitirá 24 horas ao dÃa os 7 dÃas da semana e, ademais dos partidos,
incluirá outros contidos exclusivos ao redor de La Liga española e converterase
na segunda canle en España da marca beIN Sports, complementando á lanzada a
primeiros desta tempada cos partidos da UEFA Champions League, a UEFA Europa
League e outras competicións internacionais.
Cómpre destacar que a canle beIN Sports, que ofrece a emisión de toda a UEFA
Champions League e a UEFA Europa League en exclusiva, asà como as principais ligas
internacionais, tamén pasará a ser distribuÃda por Movistar, de feito que o
operador garantirÃa o meirande paquete de contidos futbolÃsticos do mercado
audiovisual español.
Os acordos antes mencionados suporÃan o pagamento de 2.400 millóns de euros por
parte de Movistar+, segundo figura no comunicado
que onte remitiu a compañÃa á Comisión Nacional do Mercado de Valores. AÃnda
que polo momento non dan os detalles sobre como incorporarán beIN Sports á
oferta actual de contidos televisivos, comentándose que a Champions chegarÃa a
Movistar+ esta mesma semana (sen concretar se esta nova canle
terÃa custo adicional para os actuais subscritores do paquete de fútbol).
Queda agora por coñecer a situación do resto de operadores xa que, ao parecer,
Movistar terÃa que negociar os dereitos de retransmisión televisiva cos seus
competidores, dadas as imposicións existentes actualmente tras a compra de
Digital+ por parte de Telefónica.
En calquera caso parece que os principais beneficiarios desta nova son os establecementos
de hostalerÃa, que volven asà a ter facilidades para contratar todo o fútbol
para os seus locais, o que era un grande problema en negocios en zonas fóra de
cobertura dos operadores que ofrecÃan actualmente beIN Sports.