Nacho Vigalondo rende tributo aos videoxogos nun curioso documental
xoves, 11 de setembro do 2025
Prime Video estrea hoxe un documental producido por Domino’s Pizza no que o director de cine Nacho Vigalondo rende homenaxe ao mundo dos videoxogos dende un punto de vista autobiográfico e emocional, recollendo testemuños do sector en España.
Nos pouco máis de 34 minutos que dura Tribute, Vigalongo fai un repaso da súa experiencia co lecer electrónico, partindo da época dos salóns recreativos e dos pÃxeles coma puños do ZX Spectrum, pasando pola emerxencia das consolas de videoxogos domésticas e chegando ata o fenómeno dos streamers.
Para iso conta con xente como o fundador de Erbe, Paco Pastor, a directora de Hobby Consolas, Sonia Herranz, o redactor de Mondopixel, John Tones, o cofundador de Dinamic, Pablo Ruiz, creadores de videoxogos españois como Los Justicieros e GRIS, Enrique Urbizu e Conrad Roset, e streamers como IlloJuan e BaityBait, que se achegaron ao Museo do Videoxogo OXO para conversar con Vigalondo.
Esta produción nostálxica, ao abordar un perÃodo de tempo de máis de 40 anos, e ao contar cun cadro de convidados tan amplo, só pode dar pinceladas sobre a materia, podendo resultar sumamente decepcionante para quen busca un documental sobre videoxogos como No nos gusta Capitán Morcilla ou o máis recente PÃxel a PÃxel (dispoñible para ver de balde a través de CanalSurMás), aÃnda que si pode satisfacer aos incondicionais de Vigalondo e do seu xeito de contar historias (como a serie biográfica Superstar na que explora a figura de Tamara/Yurena).
Tráiler de Tribute, o novo documetal de Nacho Vigalondo
