Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Navia de Suarna envorca a súa historia en Phottic, que supera xa as 15.000 fotos da nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Navia de Suarna envorca a súa historia en Phottic, que supera xa as 15.000 fotos da nosa terra

Fernando Sarasketa
Publicado: 27/02/2017
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

phottic_manuel_pan.jpgA plataforma en liña de Phottic, o proxecto de memoria dixital nacido de Abertal Networks (hoxe en día operando como start-up), medra a pasos de xigante. Segundo nos conta Manuel Pan, o xerente de Abertal, a páxina web suma xa máis de 15.000 fotografías da nosa terra. Isto que significa? Pois que as galegas, os galegos e todos os internautas do mundo temos ao noso alcance na Internet 15.000 xanelas, como máquinas do tempo, para ver a nosa historia. En definitiva, trátase do noso pasado rescatado grazas ao traballo de veciños, asociacións, entidades e concellos. Esta colección de imaxes recibiu os días pasados unha achega moi relevante dende os puntos de vista cualitativo e cuantitativo: máis de 500 fotografías (ata o de agora) das xentes de Navia de Suarna. Podemos velo en Navia: lembranzas con futuro.
Neste importante traballo de posta en valor da historia persoal e colectiva de Navia colaborou arreo a comunidade escolar do CPEI Plurilingüe Doutor Daniel Monje.
phottic_lavadoiro-de-san-paio-1947.jpgAdemais, entre os concellos que están a traballar na actualidade recuperando o seu pasado a través da imaxe colectiva atópanse Fene, O Vicedo, O Barco de Valdeorras, Viveiro, Celanova, As Pontes, Maceda, Arteixo, Carballo ou Vilagarcía (a través do incansable labor de O Faiado da Memoria). Segundo explican os impulsores de Phottic, en todos estes concellos está a rexistrarse un elevado nivel de participación veciñal, con todo o compoñente de dinamización social e tecnolóxica que isto implica, ao que cómpre engadir as cruciais contribucións da Asociación de Padres de Discapacitados Psíquicos de Bergantiños (ASPABER), das coleccións Mar de Paixón: Fútbol na Costa da Morte ou Mar de Invernía, do rexistro de músicos galegos de Bieito Romero ou de clubs como o Deportivo da Coruña, que contan cun gran número de seareiros, incrementando cada pouco un arquivo gráfico de por si ben relevante.

Contidos
  • Navia de Suarna
  • Phottic, páxina de referencia para coleccións fotográficas

Navia de Suarna

phottic_aitor-luca-alba-e-marcos-2-copia.jpg Como dixemos, a colección fotográfica Navia, lembranzas con futuro, realizada pola comunidade escolar do CPI Plurilingüe Doutor Daniel Monje de Navia de Suarna, pódese gozar xa en Phottic.com, achegándose unha xanela múltiple á historia deste concello lugués a través de máis de 500 imaxes. A colección, que se prevé vaia medrando en datas vindeiras, fornece unha manchea de fotografías dos intres cotiáns dos naviegos e permite coñecer como se relacionaban as súas xentes, cales eran os seus costumes, as súas festas ou os seus traballos. A idea é rexistrar e amosar preto de 2.000 instantáneas (que son as que foron recollidas e documentadas hai uns anos polos profesores e alumnos do CPI Plurilingüe de Navia de Suarna, para recuperar a súa intrahistoria e que foran editadas nos libros Unha imaxe…mil recordos e Unha historia para o futuro).
A respecto deste importante traballo de dinamización local, o director do devandito centro educativo de Navia, Francisco Trashorras, trasladoulles aos responsables de Phottic “a súa satisfacción polas novas oportunidades que se abren para difundir esta colección”. Trashorras tamén fixo un chamamento “para que todos aqueles que teñan algún deses documentos gráficos os acheguen a estes álbums que queremos compartir con todos”, en boa medida “porque temos que ser conscientes de que debemos conservar este patrimonio fotográfico aproveitando os medios dixitais que se nos brindan, xa que a nosa memoria é moi fráxil e sabemos das limitacións propias do soporte papel das fotografías”.
O cadro directivo do CPI de Navia tamén fixo público o seu agradecemento a todos os naviegos e naviegas que “colaboraron desinteresadamente neste traballo de compilación fotográfica e que tiveron o coidado impagable de conservar estes documentos gráficos xa que grazas a eles as novas xeracións poden coñecer mellor as súas orixes”.

Phottic, páxina de referencia para coleccións fotográficas

phottic_casiano-10.jpg Phottic.com é unha plataforma global, de uso gratuíto, para a xestión documental do patrimonio fotográfico. De recente creación e orixe galega, a empresa recupera as historias do mundo, a través da fotografía, converténdose, nas súas palabras, “nunha páxina de referencia para calquera usuario que desexe ordenar coleccións fotográficas”. Ademais, informan os impulsores da plataforma, “o seu deseño consegue que o traballo de recollida non se perda no time-line das redes sociais”. Os promotores da iniciativa empresarial explican tamén que a súa web permite clasificar, ordenar, datar, e xeolocalizar imaxes, pero, “o que é moito máis importante”, documentar ditas fotografías e compartir ese coñecemento co resto do mundo, virtualmente, “evitando que se perda a nosa memoria social e creando un importante patrimonio cultural”. Asemade, salientan que as posibilidades de difusión e divulgación das fotografías históricas das entidades que colaboran increméntanse de maneira exponencial en virtude do fluxo da súa comunidade online, que conta xa con máis de 50.000 seareiros de todo o mundo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?